Festival Sinsal 8

A promotora Sinsalaudio constitúese no ano 2000. E con ela o Festival Sinsal, co propósito de satisfacer a demanda por aquelas músicas de menor exposición mediática. Desde a súa orixe —tamén como tenda de discos— até a actualidade, Sinsalaudio abarca un amplo espectro de actividades: promoción de eventos culturais, realización de proxectos audiovisuais, representación de artistas, sesións de DJ, conferencias, directos experimentais, elaboración e difusión de artigos musicais ou de arte sonora, desenvolvemento do proxecto didáctico Escola Sinsal, comisariado de exposicións e até unha discográfica, Sosoaudio.

Ryu Hankil, Roberto Mallo, Miguel Prado, John Tilbury, Sunn O)))+Eagle Twin, Bill Callahan, Mono+Joe McPhee&Chris Corsano, Juana Molina, Vashti Bunyan, Lisa Germano+Philip Selway(Radiohead), Oneohtrix Point Never, Kokusyoku Sumire, Shellac+Mission Of Burma, Ariel Pink´s Haunted Graffiti, Susan Alcorn, Omar Souleyman, Phill Niblock & Katherine Liberovskaya, Tim Olive & Alfredo Costa Monteiro, Masters Musicians Of Bukkake+Future Islands, Barn Owl, Sun Araw+Arborea, Theo Bleckmann&Ben Monder+Othon&Tomasini, King Midas Sound+Prince Rama, Callers+Emily Jane White&Band, Daniel Carter, William Parker&Federico Ughi
O traballo gráfico configúrase cada ano sobre un leit-motiv, que se vai adaptando segundo as pezas de cada evento. Inténtase trasladar unha atmosfera conceptual e alegórica, lonxe da mera representación de artistas. A marca tipográfica muda cada ano, pero o carácter do Festival reside probablemente máis no tratamento e na elección fotográfica. Sobre ela vertébranse as pezas, sobre todo cartaces, folletos e outros materiais divulgativos, con especial fincapé no apoio escénico. sinsalaudio