Imaxinasons 7. Festival de Jazz de Vigo

Free jazz, libre improvisación, folclore, electrónica, contemporánea. Un certame arredor da noción de jazz europeo. Desde o pasarrúas até a sofisticación dos clubs cerrados pasando polos Conservatorios, o Concello de Vigo programa cada ano desde o 2005, cando empeza o verán, varias semanas de jazz.

John Taylor, Avishai Cohen, Portico Quartet, Neil Cowley Trio, Pablo Seoane Trío, Nils Petter Molvaer, Lluís Vidal Trio, Lume [Lisbon Underground Music Ensemble], Ulrich Mitzlaff/Miguel Mira, Piccola Orchestra Gagarin, Xan Campos Trío, Sidsel Endresen, Desbundixie, Escola Municipal De Música Da Coruña, Escola De Música A Tempo De Pontevedra.
Gráfica global que, partindo dunha gama de cores empregada na primeira edición e dunha elección tipográfica determinada, ambas as dúas ancoradas no que sería a tradición gráfica do jazz, comprende desde a marca, que muda —nunca de todo, máis ben evoluciona— cada ano, até todo tipo de aplicacións divulgativas como cartaces, folletos, pezas de vestir, chapas, lonas, mupis, publicidade en revistas especializadas. pxc produción e xestión cultural