No principio era a viaxe.

28 Bienal de Arte de Pontevedra

Unha edición comisariada por Miguel Perez von Hafe e David G. Torres. En palabras deste: «O título da presente edición asume, entón, a apertura xeográfica da propia exposición, a ruptura de fronteiras en arte contemporánea e o seu carácter nómade. […] Explorando a idea da viaxe, a Bienal crea un paralelismo coas conmemoracións do Xacobeo, coas que se celebra unha das máis importantes peregrinacións humanas, que sempre xuntou o feito cultural co movemento e coas relaciones entre as persoas».

Almudena Fernández, Andre Cepeda, Antonio Ortega, Bruno Serralongue, Darren Almond, Edoardo Matos, Fernando Sánchez Castillo, Fikret Atai, Franck Scurti, Gert Robijns, Graham Gussin, Grazia Toderi, Ignasi Aballí, Joao Pedro Vale, Luis Palma, Massimo Bartolini, Mathieu Laurette, Melik Ohanian, Mónica Alonso, MP&MP Rosado, Mayia Frangouli, Paola Pivi, Peter Stel, Philipinne Hoegen, Rubén Ramos Balsa, Simon Starling, Suso Fandiño, Yorgos Sapountzis
Gráfica global que comprende marca e unha serie de aplicacións como publicidade en medios especializados, folletos, convites e cartaces, sinalética urbana, externa e das diferentes sedes. Desta volta editáronse dúas publicacións: unha lixeira guía de visita para a mostra e unha publicación trilingüe posterior, con fotografías do que alí ocorreu, de 228 páxinas. Ambas as dúas, ademais dun folleto que se convertía nun cartaz ao despregalo, gardábanse dentro dunha caixa contedora. deputación de pontevedra